Monday 06 de May de 2024

Riveira expón unha exposición en torno á figura de Cervantes para pechar o ano do cuarto centenario do seu pasamento


Haberá dúas charlas sobre o escritor no día de apertura da mostra

O Concello de Riveira está a organizar unha ampla programación en torno á figura de Miguel de Cervantes para pechar o ano no que se conmemora o cuarto centenario do seu pasamento.

Así, a actividade central será unha exposición titulada “Eu sei quen son” que terá lugar dende o 1 ata o 23 de decembro no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira. A mostra constará de diversos fondos do Museo do Gravado de Artes, entre eles doce gravados da serie “El Quijote de Salvador Dalí” e 15 serigrafías a cor de nomeados autores galegos como Laxeiro, Lamazares, Costa Beiro, Lodeiro, Nóvoa ou Corredoiro, entre outros, ademais dunha selección libros da obra magna do escritor, El Quijote, con curiosos volumes como a edición príncipe en galego de Xuntanza Editorial (edición única, de tirada numerada e limitada a 350 exemplares) ou as súas traducións ao francés, inglés ou alemán.

Unha vez iniciada a exposición a intención é organizar visitas guiadas entre os colexios.

Ademais, o propio 1 de decembro haberá dúas conferencias: unha ás 11 horas de Xabier López Marqués que está dirixida a estudantes de Secundaria e outra ás 20 horas de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría para público en xeral que concidirá coa apertura da citada mostra.

Biblioteca
Por outro lado, tamén a Biblioteca Municipal dará cabida unha pequena exposición cunha selección de medio cento de libros pertencentes aos fondos bibliográficos do Concello en torno á figura de Cervantes e súa obra.